Pórtico
do Paraíso
I Festival Internacional de Música de Ourense
ALEXANDRE
DELGADO CONFERENCIANTE
Luns, 18 de
febreiro de 2008, 20:30 h
Ateneo de Ourense
“Caminos de la música ibérica en la
primera mitad del siglo XX: La obra de Luís de Freitas
Branco”
ENTRADA LIBRE
Alexandre Delgado compuxo a súa primeira obra ós
16 anos, Préludio para cordas, estreada pola Orquestra
Sinfónica da RDP en 1982. Realizou estudos de composición
con Jacques Charpentier no Conservatorio de Niza e graduouse
co primeiro premio.
O seu Quarteto de cordas foi gravado polo Quarteto Arditti
(Etcetera, 2001). É autor da ópera de cámara
O Doido e a Morte (encargo de Lisboa 94-Capital Europea da
Cultura), que dirixiu no Teatro Nacional de São Carlos
en 1994 e no Teather Am Halleschen Ufer en Berlín en
1997. En 2001 foi compositor convidado do Festival de Maastricht,
onde se interpretaron sete obras súas. En 2007, estreou
en Santiago de Compostela un quinteto para piano, violín,
viola, violoncello e contrabaixo, encomendado por CAMERALIA
07.
Como viola, gañou o Prémio Jovens Músicos
da RDP en 1987. Membro do Moscow Piano Quartet, deu concertos
dentro e fóra de Portugal. Actuou como solista coa
Orquestra Gulbenkian, a Orquestra Sinfónica Portuguesa,
a Orquesta de Extremadura e a Orquestra do Conservatorio de
Maastricht, e estreou o seu Concerto para Viola e Orquestra
(2000) en Portugal, España e Holanda.
Dirixe o programa A Propósito da Música na Antena
2 dende 1996 e é autor dos libros A Sinfonia em Portugal
e A Culpa é do Maestro, recompilación das súas
críticas musicais no Diário de Lisboa e no Público
entre 1990 e 2000. É regularmente convidado como conferenciante
pola Fundação Gulbenkian e o Teatro Nacional
de São Carlos. Organizou en 2005 o Festival Luís
de Freitas Branco e colaborou no libro do mesmo nome, primeira
obra de peso adicada ó compositor.