 ENSEMBLE DISCANTUS Grupo vocal feminino Domingo día 15, Catedral de Ourense, 20:45 h Brigitte Lesne, dirección Hélène Decarpignies, Anne Guidet, Lucie Jolivet, Brigitte Le Baron, Brigitte Lesne, Catherine Schroeder, Catherine Sergent. O conxunto vocal feminino Discantus, composto habitualmente por entre cinco e dez mulleres, resucita as músicas sacras da Idade Media, desde as primeiras notacións occidentais do século IX ata o século XV, e converteuse nun referente internacional deste tipo de música. Fundado a principios dos anos 90 pola súa directora Brigitte Lesne, reúne cantantes de orixes diversas pero capaces de crear un grupo coherente e á vez con timbres individuais ben diferenciados. Apoiándose especialmente no canto gregoriano, Discantus insufla nova vida á Ars Antiqua, época marcada polo apoxeo das grandes peregrinaxes, como a de Santiago de Compostela, e a construción de grandes catedrais, como a de Notre-Dame de París. Os seus programas elabóranse dun xeito minucioso, recompilando manuscritos e transcribindo con paciencia cada obra que interpreta. Este é un labor que realiza principalmente a súa directora Brigitte Lesne. Os temas que escolle como fío condutor dos mesmos aluden especialmente á muller, á maternidade, á Virxe María ou aos cantos conventuais das monxas. Discantus faise tamén acompañar habitualmente por algúns instrumentos, ás veces por un coro infantil ou tamén polo grupo instrumental Alla Francesca, combinando así música sacra e profana. É frecuente a súa presenza nos grandes festivais de Europa –Croacia, Eslovenia, Eslovaquia, Hungría, Polonia, Checoslovaquia, Francia e Bélxica–, pero tamén actuou en países doutros continentes como Marrocos, Líbano, Estados Unidos, Australia, Colombia, Ecuador e México. Na súa ampla discografía, destacan varios CD premiados co prestixioso galardón Diapason D’Or. UNIVERSI POPULI (Música sacra na Bohemia medieval de principios do Renacemento. Manuscritos de Praga) Parte I Lux vera lucis radium – Himno a Santa Ludmila Festivali melodia te laudamus o Maria – Tropo de Benedicamus domino Virga Yesse floruit – Tropo de Benedicamus domino Ad honorem sempiterni regis – Tropo de Benedicamus domino Salve pater optime – Prosa de San Wenceslao Salve virgo gloriosa – Antífona tropada Ave virgo virginum – Conducto Sanctus – Deus rerum principium – Tropo do Sanctus Wenceslaus, dux gracie – Reponsorio, oficio de San Wenceslao Castus mente corpore / Preclaris – Reponsorio e tropo, ofcio de San Wenceslao Universi populi simul iam gaudete – Cantio In illo tempore intravit Jhesus in quoddam castellum – Lectura Veni sancte spiritus / Da gaudiorum premia / Veni – Motete Parte II Rorate celi desuper – Introito Hac nube irrorante – Cantio Nobis est natus hodie de pura virgine – Cantio Natus est / Quem laudavere / Huius sit memoria – Motete Imperatrix angelorum – Prosa Jesu dulcis mater bona – Cantio O deus pater ingenite – Tropo do Kyrie Alleluia – Ave benedicta Maria – Tropo de Alleluia Nostra iocunda curia / Eya / Unde gaudent angeli – Motete Sanctus – Sanctus O florens rosa – Antifona O regina lux divina – Cantio Deus omnipotens a morte resurgens – Cantio Christus surrexit / Chorus nove Ierusalem / Christus surrexit – Motete |