THE GALLIARD ENSEMBLE Quinteto de vento Domingo día 8 Igrexa de Sta. Eufemia a Real do Centro, 20:00 h THE GALLIARD ENSEMBLE QUINTETO DE VENTO Adam Walker, frauta Owen Dennis, óboe Katherine Spencer, clarinete Richard Bayliss, trompa Helen Simons, fagot The Galliard Ensemble formouse en 1993 na Royal Academy of Music de Londres. Nese momento, comezou unha exitosa carreira, que o converteu nun dos grupos de cámara máis recoñecidos do Reino Unido. Entre os seus premios, destacan o Maisie Lewis Award e o BBC Radio 3 Young Artists Forum. The Galliard Ensemble é asiduo de salas tan prestixiosas como o Purcell Room, Wigmore Hall, South Bank Centre e Bridgewater Hall. Ofreceu concertos en importantes festivais de música, como o de Bath, os BBC Proms, ou os de Mafra e Porto en Portugal a través do British Council. O seu repertorio é amplo e abrangue desde Mozart e Beethoven ata Berio e Schoenberg. Os 4 CD editados polo selo Deux-Elles acapararon excelentes críticas dentro e fóra do seu país. O titulado Refrains and Choruses, con obras de sir Harrison Birtwistle, foi un dos CD destacados de 2001 polo Sunday Times, BBC Music Magazine, Gramophone e BBC Radio 3. Ademais, é habitual que os seus membros sexan solistas invitados de orquestras tan principais no Reino Unido como a London Sinfonietta, BBC Symphony Orchestra, London Mozart Players, London Philharmonic Orchestra, Ulster Orchestra ou The English Baroque Soloists. Parte I Overtura de L'italiana in Algeri / Gioachino Rossini (1792-1868) Divertimento en Si bemol / Joseph Haydn (1732-1809) Allegro con spirito Andante quasi allegretto. "Chorale St Antoni" Menuetto & Trio Rondo, allegretto Pequena música para Quinteto de vento / Paul Hindemith (1895-1963 Divertido. Negras moderadamente rápidas Vals. Sempre moi piano Tranquilo e sinxelo. Corcheas Negras rápidas Moi animado Parte II Summer Music / Samuel Barber (1910-1981) Quinteto de vento en La bemol Op. 14 / Gustav Holst (1874-1934) Allegro Moderato Adagio Minuet and Trio Air and variations Comedy for Five Winds / Paul Patterson (n. 1947) Prelude Soliloquy Blues Hornpipe |