Roberto Relova “Historias da Ópera. Historia das Paixóns” (conferencias) Luns día 9 e xoves día 12, Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia, 20:30 h ROBERTO RELOVA QUINTEIRO CONFERENCIANTE Iniciou a súa carreira musical no Conservatorio de Música de Ourense. En Madrid, realizou o grao superior de frauta con Andrés Carreres, solista da Orquesta Nacional de España, e finalizou os seus estudos musicais e universitarios coa licenciatura en arte moderna e contemporánea, en Santiago de Compostela. Entre 1989 e 1991, foi profesor invitado da Universidade de Santiago. Participou en cursos, congresos e seminarios internacionais relacionados coa música, a pedagoxía, a musicoloxía, a composición, o cine, a arte, os símbolos, a muller, a ópera e os dereitos humanos en Salamanca, Granada, Madrid, Melilla, Santiago de Compostela, Dublín, Damasco, Roma, Nova York e A Habana. Na actualidade e desde 1999, dirixe e imparte os cursos de ópera na Universidade de Vigo e colabora con Opera Oberta do Liceu de Barcelona. É vicepresidente e fundador da Asociación Teresa Berganza e, desde 2005, preside a Asociación Amigos da Ópera de Vigo. Dirixe, desde a súa creación, o prestixioso Festival de Música de Vigo Are-More. Membro de xurados internacionais de música, colaborou tamén con diferentes medios de comunicación, como La Voz de Galicia, Radio Voz, Ritmo, Melómano e Ópera Actual. Foi profesor no Conservatorio Superior de Música de Santiago e agora exerce a docencia no Conservatorio Superior de Música de Vigo. |