Inicio
Contacto
Presentación
Saúda do Alcalde


CONCERTOS

ALISON BALSOM
THE GALLIARD ENSEMBLE
MOSCOW PIANO QUARTET
ROBERT BARTO
ENSEMBLE DISCANTUS

CONFERENCIAS

Roberto Relova


 
II Festival Internacional
de Música de Ourense



Concellería de Educación


Fundación Caixa Galicia

www.copasa.es


Pórtico do Paraíso
II Festival Internacional de Música de Ourense
do 6 ao 15 de febreiro de 2009


Saúda do Alcalde de Ourense

 

Un ano despois da exitosa celebración da primeira edición do Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso, o sedimento deixado pola brillante edición de 2008 impúlsanos a repetir aquela marabillosa experiencia.

O formato, os contidos e o altísimo nivel de calidade do programa do ano pasado acadaron con creces o obxectivo de situar a Ourense nun club ao que pertence por dereito propio: o da cidade bimilenaria de Europa, cunha secular tradición cultural e unha longa traxectoria cosmopolita.

Como Alcalde de Ourense, fago un chamamento aos nosos conveciños a que gocen masivamente dos concertos e das veladas divulgativas comprendidas nesta segunda edición do Festival Pórtico do Paraíso.

Ourense será música desde febreiro, e todos nós formaremos parte dunha partitura maxistral que encherá de harmonía a toda a cidade.

Francisco Rodríguez Fernández
ALCALDE de OURENSE

 


    Cuevas              F. Copa                   Linteo         Esteo                       Deputación        Obispado
Copyright © 2009 Pórtico do Paraiso - Festival Internacional de Música de Ourense