ALEXANDER MELNIKOV

Venres 9 de marzo ás 20:30 h. Teatro Principal

VENDA DE ENTRADAS:
Despaho de billetes: de 11:00 a 13:30, e unha hora antes da función.
Teléfono de Caixa Galicia 902 434 443 ou na páxina web www.caixagalicia.es
Tarifa B: 8 € (butaca e platea), 8 € (1º andar), 7 € (2º andar) e 6 € (paraíso e VR)

Biografía e programa

 

"Melnikov non le, ri, soña, chora e baila coa música."

Frankfurter Allgemeine Zeitung

Naceu en Moscova en 1973. Aos 12 anos interpretou o Concerto nº1 de Rachmaninov, aínda que el xamais se describiría como un neno prodixio, e recoñece que o que máis o marcou durante toda a súa carreira foi a relación tan especial que tiña co gran pianista Sviatoslav Richter, quen o convidaba regularmente aos festivais en Moscova e Tours. Melnikov combina o dominio da técnica rusa clásica cunha musicalidade reflexiva e sutil.

A súa gravación do ciclo de Shostakovich en 2010 para Harmonia Mundi recibiu o BBC Music Magazine Award 2011, o Choc de Classica como mellor álbum de 2010 e o Deutsche Schallplattenkritik 2010. Tras o enorme éxito do concerto ofrecido no Konzerthaus de Viena en novembro de 2010, interpretou este mesmo ciclo en Berlín, San Francisco, Amsterdam, Anveres e Toquio.

Tamén gravou para Harmonia Mundi as sonatas completas para violín e piano de Beethoven, coa súa acompañante habitual, a violinista Isabelle Faust. Esta colaboración valeulles o ECHO Klassik Prize de Alemaña e o premio Gramophone 2010. O CD, que é xa unha referencia mundial deste repertorio, foi ademais nominado para os premios Grammy. Melnikov gravou outros nove CD para Harmonia Mundi, tres deles como solista con obras de Rachmaninov, Brahms e Scriabin, respectivamente.

Tocou nalgunhas das salas máis importantes do mundo: Concertgebouw de Amsterdam, Suntory Hall de Toquio, Alte Oper de Frankfurt, Théâtre du Châtelet de París e Wigmore Hall de Londres.

Como solista colaborou con orquestras tan prestixiosas como a Orquestra Nacional de Rusia, Tokyo Philharmonic, Gewandhaus Orchestra de Leipzig, Philadelphia Orchestra, Rotterdam Philharmonic, Royal Concertgebouw Orchestra, BBC Philharmonic Orchestra, Orquesta Sinfónica de Madrid, Mahler Chamber Orchestra ou Concerto Köln.

Programa

Parte I  (50 min)

Tres pezas para piano D 946        Franz Shubert (1797-1828)

Allegro assai- Andante - Tempo I

Allegreto - L'istesso tempo

Allegro

Sonata para piano nº 2, op. 61        Dmitri Shostakóvich (1906-1975)

Allegro

Largo

Moderato

Parte II  (25 min)

Reminiscencias de "Don Giovani" de Mozart      Fran Liszt (1881-1886)

Sonata para piano nº 9, op. 68 "Black Mass"      Alexander Scriabin (1872-1915)

Moderato quasi andante - Molte meno vivo - Allegro molto - Alla marcia - Allegro - Presto - Tempo primo

© 2012 Pórtico do Paraíso - Todos os dereitos reservados - Acceso privado
deseño e programación: ACV Galaica