CAPILLA FLAMENCA

Venres 2 de marzo ás 21:00 h. Catedral de Ourense

Entrada libre

Biografía e programa

 

O conxunto vocal e instrumental Capilla Flamenca toma o seu nome do coro da capela que o emperador Carlos V tiña na corte. Ao deixar os Países Baixos en 1517, o emperador levou consigo a España os mellores músicos, para que así o acompañasen como "polifonía viva". Hoxe, Capilla Flamenca tamén está formado por músicos de Flandres que dan vida de novo a ese timbre único e especial da música dos séculos XIV, XV e XVI.

A especial e transparente polifonía de Capilla Flamenca xorde da creación interactiva entre os músicos, o que esixe pola súa parte un profundo coñecemento dos aspectos técnicos, poéticos e históricos da música polifónica. Partindo deste amplo repertorio polifónico, elaboran programas únicos que ás veces incorporan outras disciplinas artísticas como a danza.

Capilla Flamenca recibiu numerosos premios como recoñecemento ao seu gran traballo de investigación histórica e pola súa mestría artística e musical. Entre outros, o Premio Internazionale Il Filharmonico, o Cultuurprijs Vlaanderen 2005 e o Hertog van Arenberg 2006. Numerosos CD da súa ampla discografía foron igualmente premiados con varios Prix Chocs de Le Monde de la Musique, Diapason d'Ors e Répertoire 10. Ademais recibiron tres premios Caecilia, outorgados pola crítica musical de Bélxica, e unha nominación ao premio Gramophone de música antiga 2011.

Dirk Snellings é un dos fundadores do grupo e o director artístico. O seu repertorio abrangue desde o Renacemento ata a música contemporánea, facendo fincapé na polifonía e na música barroca. Precisamente esta tensión entre o antigo e o novo levouno ao que el considera un reto excitante: a procura dunha técnica vocal propia de cada período, de cada estilo e de cada xénero musical.

Tamén traballou con grupos como Il Fondamento, La Petite Bande, Le Parlement de Musique e Ex Tempore.

Programa (70 min)

I Flandes

L'homme banni       Alexander Agricola (c. 1446 - 1506)

Ave regina caelorum      Jacob Obrecht (1458 - 1505)

Recercar        Marco Dall'Aquila (c. 1480-1538)

T'sat een meiskin       Jacob Obrecht (1458 - 1505)

Lourdault, Lourdault      Loyset Compére(c. 1445 - 1518)

Le grand désir

II España

Mille regretz       Luys de Narváez (c. 1500 - c. 1550)

Mille regretz       Josquien Desprez (c. 1540- 1521)

Mille regretz       Nicolás Gombert (c. 1495 - c. 1560)

Kryie Missa Mille regrets     Cristóbal de Morales(1500 -1553)

Introitus Missa pro defunctis

III México

Cui luna, sol et omnia       Francisco López Capillas (c. 1615 - 1673)

Credo Missa Ego flos campi      Juan Gutierrez de Padilla (1590 - 1664)

Ensalada de Navidad       Gaspar Fernandes (1566 - 1629)

Agnus Dei Missa Ego flos campi     Juan Gutierrez de Padilla (1590 - 1664)

Jesós de mi goraçón    Gaspar Fernandes (1566 - 1629)

© 2012 Pórtico do Paraíso - Todos os dereitos reservados - Acceso privado
deseño e programación: ACV Galaica