Inicio
Contacto
Presentación
Programa pdf
Saúda do Alcalde


CONCERTOS

THE ORLANDO CONSORT
RESONET
NICOLA EIMER
KATONA TWINS

CONFERENCIAS

ALEXANDRE DELGADO
MANUEL REY


 
I Festival Internacional
de Música de Ourense



Concellería de Educación
Universidade Popular



www.copasa.es

Pórtico do Paraíso
I Festival Internacional de Música de Ourense


ALEXANDRE DELGADO
CONFERENCIANTE
 

Luns, 18 de febreiro de 2008, 20:30 h
Ateneo de Ourense
“Caminos de la música ibérica en la primera mitad del siglo XX: La obra de Luís de Freitas Branco”
ENTRADA LIBRE

 

 



Alexandre Delgado compuxo a súa primeira obra ós 16 anos, Préludio para cordas, estreada pola Orquestra Sinfónica da RDP en 1982. Realizou estudos de composición con Jacques Charpentier no Conservatorio de Niza e graduouse co primeiro premio.

O seu Quarteto de cordas foi gravado polo Quarteto Arditti (Etcetera, 2001). É autor da ópera de cámara O Doido e a Morte (encargo de Lisboa 94-Capital Europea da Cultura), que dirixiu no Teatro Nacional de São Carlos en 1994 e no Teather Am Halleschen Ufer en Berlín en 1997. En 2001 foi compositor convidado do Festival de Maastricht, onde se interpretaron sete obras súas. En 2007, estreou en Santiago de Compostela un quinteto para piano, violín, viola, violoncello e contrabaixo, encomendado por CAMERALIA 07.




 

Como viola, gañou o Prémio Jovens Músicos da RDP en 1987. Membro do Moscow Piano Quartet, deu concertos dentro e fóra de Portugal. Actuou como solista coa Orquestra Gulbenkian, a Orquestra Sinfónica Portuguesa, a Orquesta de Extremadura e a Orquestra do Conservatorio de Maastricht, e estreou o seu Concerto para Viola e Orquestra (2000) en Portugal, España e Holanda.

Dirixe o programa A Propósito da Música na Antena 2 dende 1996 e é autor dos libros A Sinfonia em Portugal e A Culpa é do Maestro, recompilación das súas críticas musicais no Diário de Lisboa e no Público entre 1990 e 2000. É regularmente convidado como conferenciante pola Fundação Gulbenkian e o Teatro Nacional de São Carlos. Organizou en 2005 o Festival Luís de Freitas Branco e colaborou no libro do mesmo nome, primeira obra de peso adicada ó compositor.
 
Copyright © 2008 Pórtico do Paraiso - Festival Internacional de Música de Ourense