CAPELLA DURIENSIS
Día 12 - MOSTEIRO DE SAN SALVADOR, CELANOVA - 19:30 H.
BIOGRAFÍA
Obras de Guimaraes, Gesualdo, Cardoso, Melgás, Poulenc e Grigorjeva

Desde 2010, Capella Duriensis promove a cultura musical portuguesa a través de actuacións en mosteiros e monumentos dentro e fóra de Portugal. No primeiro ano da formación, o ensemble actuou nos festivais de Leiria, Alcobaça, Os Açores e Lisboa.

Os seus programas son únicos e variados, combinando música do Renacemento e medieval, cancións populares de toda Europa, música relixiosa da igrexa ortodoxa e composicións dos séculos XX e XXI.

Despois dunha xira polo Reino Unido en 2012, o grupo Capella Duriensis foi descrito como un “marabilloso embaixador” da música portuguesa. Este papel cultural de embaixadores desenvolveuse a través de actuacións e xiras durante 2014-2015 no oeste do Reino Unido (Catedral de Truro, Abadía de St. German), Londres (St. George, en Hanover Square), Países Baixos (Festival Internacional de Música Antiga de Utrecht) e Croacia (Noites musicais de St. Donat, Zadar).

O ensemble segue a realizar con regularidade as súas presentacións en Portugal, e actuou como convidado no Festival Internacional de Música de Marvão (baixo a dirección de Christoph Poppen), no ciclo da Rota do

Românico, no Festival Música en São Roque de Lisboa e no ciclo Espaços da Polifonia, creado pola Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal.

Quizás o logro máis significativo é un novo contrato coa casa discográfica NAXOS, para gravar unha serie de CD que leva por título Portuguese vocal masterpieces of the 16th and 17th Centuries. O primeiro conxunto de tres CD contén unha serie de obras musicais sacras e profanas non gravadas anteriormente, que permiten crear un retrato musical de Portugal durante os anos máis ricos da súa historia cultural.

O director Jonathan Ayerst formouse como neno cantor nas catedrais inglesas de Truro e Wells e posteriormente desenvolveu a súa carreira como pianista, organista e director de coro. En 2000 foi designado pianista principal da Remix Ensemble Casa da Música (Oporto) participando en festivais de música de toda Europa. En 2004 foi designado organista de St. Benet Fink, en Londres, e desenvolveu unha serie de improvisacións tituladas A Modal Pilgrimage interpretadas en Santiago de Compostela con Antonio Aguiar. As súas composicións para órgano foron emitidas na BBC Radio 4.

VÍDEO