Leys d’amorscancións de Amor Medieval
Emilio Villalba
Naceu en Sevilla unha noite de xuño de 1976: “Recuerdo que de pequeño, mis padres me compraban el primer día de vacaciones en la playa, un cuaderno y una caja de rotuladores. Prácticamente no conservo ninguno de esos dibujos. Pero lo que sí me acompaña desde entonces, es el entusiasmo y el interés por seguir dibujando.”
Empezou a súa andaina musical cun pequeno piano de xoguete, cando tiña tres ou catro anos. Desde entón acompáñao a inquietude e a necesidade de facer e tocar música.
Especializouse ao longo da súa carreira musical na interpretación e estudo de instrumentos históricos como o oud árabe, o saz turco, a arpa medieval, a zanfona, a viola, o salterio, a viola de teclas, a cítola, a guiterna…Cada un ten a súa propia linguaxe sonora e transmiten emocións diferentes.
Como ilustrador de libros, de videoxogos e de apps interactivas infantís, deseña el mesmo os seus propios traballos discográficos, así como cartelería para eventos e festivais de música medieval.
Sara Marina
Cordobesa de nacemento e sevillana de adopción, é unha namorada da historia de Al-Ándalus, das súas lendas, música e cultura.
É pianista e investigadora de percusións tradicionais, como o duff, o riq, o pandeiro cadrado, a darbouka ou o bodhrán e intérprete de instrumentos de tecla medievais como o clavisimbalum, o clavicordio e o organetto, e a lira xermánica.
É tamén artesá téxtil e realiza deseños de temática medieval e musical para complementos.
Clara Campos
Naceu escoitando os fandangos de seu avó paterno e a ópera de seu avó materno. Desa fusión só podía saír unha lírica admiradora do flamenco con ganas de cantar calquera xénero que permita vibrar e crecer.
Encántalle desenvolverse como cantante e actriz. Emociónase cantando fados, música clásica, zéjeles andalusís, muwaxahas e romances sefardís.
Emilio e Sara editaron dous CD: un deles, Música para princesas, dragones y caballeros, con música medieval para nenos e o outro, El doncel del mar, con melodías medievais de toda Europa.