HIS MAJESTYS SAGBUTTS AND CORNETTS
Día 3- CATEDRAL DE OURENSE - 21:00 h
BIOGRAFÍA
``Lions of St Mark`` Música instrumental e vocal de Giovanni Gabrieli e os seus contemporáneos venecianos

Apadriñado por sir John Eliot Gardiner, o grupo británico His Majestys Sagbutts & Cornetts celebra en 2017 os trinta e cinco anos de historia, e fano coa mesma idea que tiñan os músicos que o fundaron: achegar o son dos seus nobres instrumentos e o repertorio dos séculos XVI e XVII ao público de hoxe, coas gravacións, actuacións na radio e na televisión e, o que máis lles gusta e os divirte, concertos.

O fastoso nome do grupo procede da obra de Matthew Locke Five-part tthings for His Majestys Sagbutts and Cornetts, que probablemente foi interpretada durante as celebracións pola coroación de Carlos II de Inglaterra en 1661.

His Majestys Sagbutts & Cornetts está constituído basicamente por tres cornetos, tres sacabuxas e un órgano de cámara ou un clavecín. Nalgunhas ocasións, únenselle cantantes e instrumentos de corda e, con frecuencia, é convidado a colaborar en proxectos corais con agrupacións como o Coro Monteverdi de sir John Eliot Gardiner, os BBC Singers, Ex Cathedra, os coros do Trinity College, King’s College e St. John’s College (Cambridge), e os da abadía de Westminster, a catedral de San Paulo e a de Westminster (Londres).

Teñen máis de vinte CD, entre eles un dedicado a Bach para Hyperion que foi escollido mellor CD do ano pola revista Gramophone en 2002. En 2007 crearon discográfica de seu: sfzmusic. En 2012 celebraron a vida e obra do compositor Giovanni Gabrieli nunha colaboración única cos grupos Concerto Palatino e Ex Cathedra. Desta unión excepcional saíu un novo CD para Hyperion, actuacións en Inglaterra e Alemaña e un concerto no Festival Internacional de Edimburgo. Tamén en 2012, ano do seu trixésimo aniversario, o compositor Martyn Harry escribiu unha obra para eles, algo que supuxo un honor e un recoñecemento ao seu traballo.

Nos seus trinta e cinco anos de historia tocaron en lugares tan emblemáticos como o Festival de Salzburgo, a igrexa de San Marcos en Venecia, a Opera House de Sydney e os Proms da BBC no Royal Albert Hall de Londres.

NICHOLAS-MULROY_BEN-DAVIES
his-majest-bio-2