O ensemble vocal Gentlemen Singers é o único octeto vocal masculino profesional da República Checa. O grupo gañou varias competicións internacionais e frecuentemente forma parte da programación dos festivais máis prestixiosos do mundo, desde os Estados Unidos a Corea do Sur. Deu máis de 500 concertos en vinte e tres países de catro continentes e editou sete CD desde a súa formación en 2003, con grande éxito e moi boas críticas.
Os seus compoñentes tamén organizan unha vez ao ano o festival Sborovés lavnosti • Czech Choir Festival na localidade de Hradec Králové, na República Checa.