| |
Inicio
Contacto
Presentación
Programa pdf
Saúda do Alcalde
CONCERTOS
THE ORLANDO
CONSORT
RESONET
NICOLA EIMER
KATONA TWINS
CONFERENCIAS
ALEXANDRE DELGADO
MANUEL REY

I Festival
Internacional
de Música de Ourense

Concellería
de Educación
Universidade Popular
www.copasa.es
|
Pórtico
do Paraíso
I Festival Internacional de Música de Ourense

|
NICOLA
EIMER Piano |
|
Venres, 22 de
febreiro de 2008, 20:30 h
Teatro Principal
ENTRADA CON INVITACIÓN |
|
PROGRAMA
I Parte
W. A. Mozart (1756-1791)
Sonata No. 18 en re maior, K576
Allegro
Adagio
Allegretto
F. Schubert (1797-1828)
Dous Impromptus do libro 2, D. 935
No. 3 en si bemol maior – Thema con variazoni
No. 4 en fa menor – Allegro Scherzando |
|
II Parte
J. Brahms (1833-1897)
Tres pezas para piano
Op. 118/1 en la menor
Op. 118/2 en la maior
Op. 116/2 en la menor
F. Chopin (1810-1849)
Fantasía-Impromptu, Op. 66
Preludio en re bemol, Op. 28/15 “A gota de auga”
Nocturno en do menor, Op. 48/1
Balada No. 1 en sol menor, Op. 23
|
Gañadora do Royal Overseas League Piano Competition
en 2005, a pianista británica Nicola Eimer está
considerada hoxe en día como un valor en alza entre
os pianistas da súa xeración. Ofreceu recitais
en St. Martin-in-the-Fields, Purcell Room e o Barbican, así
como no Wigmore Hall de Londres, onde interpretou o Concerto
nš1 de Shostakovich coa Royal Academy Soloist’s Ensemble
dirixida por Clio Gould. Tamén tocou con prestixiosas
orquestras como City of London Sinfonia, English Sinfonia,
European Union Chamber Orchestra e Orchestra of the Swan.
Apaixonada da música de cámara, Nicola é
membro fundador do Eimer Piano Trio, formado en 1997. En 2002
o trío gañou o Premio Barenreiter da ARD Competition
de Múnic. Tocou en Europa, América, Australia
e Xapón e en maio de 2004 foi convidada a dar o concerto
de clausura do Festival Saint-Saëns nol Wigmore Hall,
compartindo escenario con músicos da sona de Steven
Isserlis, Graham Johnson e Anthony Marwood.
|
|
Nicola gañou en 2003 o Dudley International Piano Competition,
o John Lill Piano Competition e o premio Tillett Trust Young
Artists Platform.
Comezou os seus estudos en Londres con Danielle Salamon e
despois na Royal Academy of Music con Christopher Elton, onde
se graduou como Artista Destacada, a máis alta distinción
posible. Obtivo bolsas de varias entidades de prestixio, como
o Countess of Munster Musical Trust e o Delphine de Martelly
Trust. En 2001 obtivo a súa licenciatura na Juilliard
School of Music de Nova York con Joseph Kalichstein. Recentemente
foi proposta como candidata a ser Membro Asociado da Royal
Academy of Music. |
|