Profile GAL
XVII FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA PÓRTICO DO PARAÍSO

do 3 ao 12 de maio de 2024

Cantoría
Cuarteto vocal (España)
Venres, 3 de maio de 2024 – 20:30 h
Liceo de Ourense
http://www.porticodoparaiso.com/cantoria

Paulina Ceremuzynska & Manuel Vilas
Voz e arpa románica (Polonia-Galicia)
Domingo, 5 de maio de 2024 – 19:00 h
Castelo de Castro Caldelas
http://www.porticodoparaiso.com/ceremuzynska-vilas

Música y memes
Diego Segade, viola / Andrea Vilar, piano / Antón Seijas, clarinete (Galicia)
Martes, 7 de maio de 2024 – 20:30 h
Teatro Principal de Ourense
http://www.porticodoparaiso.com/musica-y-memes

Miloš Milivojević
Acordeón clásico (Serbia)
Venres, 10 de maio de 2024 – 20:30 h
Igrexa de Santo Angel
http://www.porticodoparaiso.com/milos-milivojevic

Diabolus in musica
Voces, violín y percusiones (Francia)
Domingo, 12 de maio de 2024 – 19:00 h
Mosteiro de Santa María de Oseira
http://www.porticodoparaiso.com/diabolus-in-musica

Inaugura esta nova edición do festival Cantoría, o entusiasta cuarteto vocal barcelonés especializado na polifonía vocal do Renacemento Ibérico, que ademais de ser un absoluto referente no Estado español, ano tras ano está a afianzar unha moi sólida carreira internacional en importantes festivais de Europa e USA. Será o seu primeiro concerto en Galicia e farao no magnífico palacio renacentista de Oca-Sarmiento, sede do Liceo de Ourense, cantando pezas do renacemento hispánico.

No primeiro concerto na provincia, imos ao castelo de Castro Caldelas -novo escenario- para nos mergullar na famosa historia do cabaleiro Tristán, cantada en galego-portugués sobre manuscritos dos séculos XII e XIII por Paulina Ceremużeńska, especialista no repertorio das cantigas de amor e amigo medievais galegas. Acompáñaa coa arpa románica o santiagués Manuel Vilas, o arpista histórico de maior prestixio do panorama nacional da actualidade.

No ecuador do Festival, un concerto divulgativo que rompe as fronteiras entre a música clásica e o mundo actual. Os galegos Antón Seijas (clarinete), Diego Segade (viola) e Andrea Vilar (piano) propóñennos Música y Memes, un orixinal concerto no que através do trío K. 498 de Mozart se propoñen explicacións sobre o sentido da música en forma de memes de internet. Ademáis, cunha plataforma en tempo real e através de smartphones, a audiencia participa e toma decisións activas sobre o que sucede no escenario.

O galardoado acordeonista serbio Miloš Milivojević é o protagonista do noso cuarto concerto, na capela de santo Anxo. No seu programa poderemos escoitar dende música barroca ata obras de autores vivos. Trátase dun programa moi variado e atractivo en que descubriremos a capacidade do acordeón como instrumento transcritor.

E chegamos ao peche con Diabolus in musica, grupo medieval de gran recoñecemento en Francia e centro de Europa, con máis de trinta anos de carreira e unha amplísima discografía. En formación de cuarteto, Diabolus in musica ofrecerá un suxestivo programa con baladas e danzas italianas do século XIV no impoñente mosteiro de Oseira.

Aproveitando a súa presencia na cidade, tanto Cantoría coma Miloš Milivojević pasarán polo Conservatorio de Ourense para compartir coñecementos co alumnado nos habituais “Encontros” do Festival.

Unha nova aposta. Distina. Persoal. E como non, ecléctica. O Pórtico xa está aquí. A gozar.

Juan Enrique Miguéns
Director artístico

 


 

Un ano máis, e xa van dezasete, a música de altura e calidade voltará a soar para deleite das persoas que gozan da Cultura. Porque o Festival Pórtico do Paraíso non é só un conxunto de músicos e artistas de renome internacional. É moito máis: é amor á arte, ao patrimonio e á provincia.

Este evento, ben consolidado na axenda cultural de Ourense e cunha traxectoria sempre prometedora, busca a valorización de grandes monumentos da nosa provincia a través da linguaxe única da música. Así, ofrecerá do 3 ao 12 de maio cinco concertos de músicos procedentes de Polonia, Serbia, Francia, España e Galicia. Nesta edición estréase como escenario o castelo de Castro Caldelas, que se suma ao mosteiro de Santa María de Oseira e á capela de Santo Ángel, o Teatro Principal e o Liceo en Ourense.

A súa dimensión provincial promove que a Deputación brinde o seu apoio firme a un festival que xa conta con recoñecementos internacionais, como é o caso da Effe Label 2022-2023 que sinala os mellores certames de Europa. Porque desde Ourense sabemos facer as cousas con excelencia e amosámolo con orgullo. Desde logo, os meus parabéns á organización do Pórtico do Paraíso polo traballo ben feito a prol da cultura e da nosa provincia. E tamén por saber divulgalo e implicar o ámbito educativo, pois non quero esquecer que o Conservatorio de Música de Ourense terá un protagonismo destacado na edición deste ano.

Sen dúbida, iniciativas sorprendentes en espazos inigualables. Por iso convido a todas as persoas que viven con paixón a cultura a que non deixen pasar esta oportunidade única de vivir unha experiencia que enriquecerá o espíritu e deleitará os sentidos como poucas son capaces de logralo. Como ben dicía Hoffmann (1776-1822): “A música empeza onde acaba a linguaxe”.

Moitos éxitos para esta 17ª edición.

Luís Menor
Presidente da Deputación de Ourense

Organiza

Asociación Cultural Pórtico Musical de Ourense
info@asociacionporticomusical.org
http://www.asociacionporticomusical.org

Dirección artística

Juan Enrique Miguéns
director@porticodoparaiso.com
http://www.miguens.es

Coordinación e xestión

Conchi da Silva
info@porticodoparaiso.com
http://www.shellyart.com

Web

Manuel González
webmaster@porticodoparaiso.com
http://www.porticodoparaiso.com

Enderezo

Festival de Música Pórtico do Paraíso

Apdo. 1219 – 32080 Ourense

España