JOSÉ MANUEL ÁLVAREZ
ANDREU RIERA

Domingo 4 de marzo ás 19:00 h. Teatro Principal

VENDA DE ENTRADAS:
Despacho de billetes: de 11:00 a 13:30, e unha hora antes da función.
Teléfono de Caixa Galicia 902 434 443 ou na páxina web www.caixagalicia.es
Tarifa B: 8 € (butaca e platea), 8 € (1º andar), 7 € (2º andar) e 6 € (paraíso e VR)

Biografía e programa

José Manuel Álvarez Losada, nacido en Ourense, é un dos violinistas españois máis destacados da súa xeración. Así o testemuñan os numerosos premios recibidos: Concurso Internacional Joaquín Rodrigo (Madrid, 2004), Primer Palau (Barcelona, 2006) ou XLI Curso Internacional de Música en Compostela (Santiago, 1998), e as distincións Premio Extraordinario do Conservatorio de Ourense (violín), Premio Extraordinario Fin de Carreira do Conservatori Superior de Música de Barcelona e posgraduado, con matrícula de honra, pola Universität für Musik und Darstellende Kunst Graz (Austria).

Recibiu clases de profesores tan recoñecidos como Gaiané Pogossova (Oviedo), Agustín León Ara (Barcelona) e Maighread McCrann (Viena), e asistiu a cursos de violín con Zakhar Bron, Igor Frolov, Lewis Kaplan, Donald Weilerstein e Antje Weithaas; de música de cámara con Valentin Erben e Ferenc Rados, e de orquestra con Andreas Röhn.

Actuou nos principais auditorios de Alemaña, Austria, España, Francia, Holanda, Italia, Xapón, Reino Unido, República Dominicana e Suíza; en festivais como Lucerna, Bolzano, Salzburgo, Mirarte (Bari), Camerata Salentina (Lecce), Deià e Puigpunyent; e en ciclos como o XXIII Ciclo de Cámara y Polifonía do Auditorio Nacional de Música de Madrid.

Foi membro da Orquesta de Cámara Joaquín Rodrigo, da Orquesta de Cámara de Menorca, da Gustav Mahler Jugendorchester e da Orquestra Sinfónica de Galicia. É membro fundador do cuarteto de corda "Música en Compostela".

Impartiu clases e cursos en diversos conservatorios de España, como na Escola Superior de Música de Catalunya. Actualmente é profesor titular do Conservatori Superior de les Illes Balears.

Andreu Riera naceu en Manacor (Mallorca) e realizou os estudos de piano en Madrid, Viena e, finalmente, en Londres coa profesora Edith Vogel na Guildhall School of Music.

Entre os numerosos premios recibidos, destacan os dos Concursos Internacionales de Jaén (1991), Bärenreiter Mozart de Salzburgo (1991), Fundación Guerrero (Madrid, 1991) ou Frederic Mompou (Barcelona, 1993).

Ofreceu concertos practicamente por toda España, ademais de Italia, Austria, Francia, Suíza, Alemaña, Finlandia, Inglaterra, Estados Unidos, Canadá e Australia, e participou en importantes festivais de música, como os de Palma, Torroella de Montgrí, Festival Contemporáneo de Tenerife, Granada, Opus Última Madrid, Mozarteum de Salzburgo, Grandes Maestros de Santander, Comunidade Europea de Venecia, Bath (Inglaterra) e Colorado Springs (EE.UU.).

Como solista actuou con varias orquestras, como a Simfónica de les Illes Balears "Ciutat de Palma", Sinfónica de Sevilla, Sinfónica de Málaga, Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), Kuopio Symphony, New American Chamber Orchestra, Colorado Springs Festival Orchestra e Montreal Chamber Players.

Actualmente é profesor titular do Conservatori Superior de les Illes Balears e director artístico do Festival de Música de Cámara de Cala Morlanda.

Programa

Parte I  (23 min)

Sonata K. 305           Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)

I. Allegro molto

II. Tema e variacións

Sonata nº1, op. 105          Robert Schumann (1810-1856)

I. Mit leidenschaftlichem Ausdruck

II. Allegretto

III. Lebhaft

Parte II  (36 min)

Sonata para violín           Maurice Ravel(1875-1937)

I. Allegretto

II. Blues. Moderato

III. Perpetuum mobile. Allegro

Sonata pimpante           Joaquín Rodrigo (1901-1997)

I. Allegro

II. Adagio. Allegro vivace

III. Allegro molto

© 2012 Pórtico do Paraíso - Todos os dereitos reservados - Acceso privado
deseño e programación: ACV Galaica