Inicio
Contacto
Presentación
Programa pdf
Saúda do Alcalde


CONCERTOS

THE ORLANDO CONSORT
RESONET
NICOLA EIMER
KATONA TWINS

CONFERENCIAS

ALEXANDRE DELGADO
MANUEL REY


 
I Festival Internacional
de Música de Ourense



Concellería de Educación
Universidade Popular



www.copasa.es

Pórtico do Paraíso
I Festival Internacional de Música de Ourense


CONCERTO
THE ORLANDO CONSORT

Matthew Venner, contratenor
Mark Dobell, tenor
Angus Smith, tenor
Donald Greig, barítono
  A ESTRELA DO CEO
(Música sacra española e inglesa do Renacemento)
CUARTETO VOCAL
Domingo, 17 de febreiro de 2008, 20:30 h
Catedral de Ourense
ENTRADA LIBRE

       

PROGRAMA               

I Parte

Descendi in ortum meum | John Dunstaple

Quam pulcra es |John Pyamour, d. c.1426 Tota pulcra es | Forest, fl. c.1415-30 Anna mater matris Christi | John Plummer, c.1410-c.1484

Gaude virgo | Ritson Manuscript, c.1450 Nesciens mater | John Trouluffe, fl.1448-73

Stella celi | Walter Lambe, c.1450-1504

 

 

 

II Parte

Hortus conclusus | Rodrigo de Ceballos (c.1530-1581)

Nigra sum sed formosa | Francisco de Peñalosa (d.1528)
Unica est columba mea | Francisco de Peñalosa (d.1528)
Versa est in luctum | Francisco de Peñalosa (d.1528)

Lamentatio Ieremiae | Tordesillas (c.1502)

Adorámoste, Señor | Francisco de La Torre (d.1504)

Quasi cedrus | Francisco Guerrero (1529-1599)

 


Formado polo Centro de Música Antiga de Gran Bretaña para unha serie de actuacións nacionais en 1988, The Orlando Consort converteuse rapidamente nun dos máis reputados e innovadores expoñentes do repertorio vocal dos séculos XI a XIV.

Os catro membros do Consort son solistas recoñecidos e premiados pola súa experiencia en grupos como The Tallis Scholars, The Gabrieli Consort ou The Taverner Consort. En colaboración cos mellores expertos en música medieval e renacentista, The Orlando Consort estreou un repertorio fascinante non escoitado hoxe en día, e estableceu novas bases de interpretación, especialmente en materia de pronunciación e afinación.

A investigación das técnicas extraordinarias da polifonía aquitana do século XII valeulle en 1996 o premio Noah Greenberg da Sociedad Americana de Musicología.

 

 
The Orlando Consort, invitado con frecuencia aos festivais internacionais de Europa e América do Sur, realiza extensas actuacións por Estados Unidos, Rusia, Canadá e Xapón. En abril de 2002, o Consort ofreceu o concerto inaugural do Centro Nacional de Música Antiga en York.

O grupo recibiu numerosas distincións, entre as que se inclúen o premio Gramophone de Música Antiga de 1996 ao seu CD titulado “The Works of John Dunstaple” e unha nominación ao premio Edison. Apareceu nas listaxes de candidatos para outros cinco premios Gramophone. Teñen máis de vinte CD editados nos selos Saydisc, Metronome, Deutsche Grammophon e Harmonia Mundi USA, compañía para a que agora grava en exclusiva.

“The Orlando Consort’s performances are staggeringly beautiful”
The Times

 
Copyright © 2008 Pórtico do Paraiso - Festival Internacional de Música de Ourense