THE ORLANDO CONSORT

Domingo 11 de marzo ás 20:00 h. Igrexa de Santiago das Caldas

Entrada libre

Biografía e programa

 

"The Orlando Consort's performances are staggeringly beautiful"

The Times

Formado no seo do Early Music Centre de Gran Bretaña co fin de realizar unha serie de actuacións nacionais en 1988, The Orlando Consort converteuse rapidamente nun dos máis reputados e innovadores expoñentes do repertorio vocal dos séculos XI, XII, XIII e XIV. En colaboración cos mellores expertos en música medieval e renacentista, The Orlando Consort estreou un repertorio fascinante que non adoita escoitarse hoxe en día, e estableceu novas bases de interpretación, especialmente en materia de pronuncia e afinación. En 1996 recibiu o premio Noah Greenberg, concedido pola American Musicological Society, en recoñecemento ao seu labor na investigación das técnicas extraordinarias da polifonía aquitana do século XII.

The Orlando Consort, convidado habitual nos festivais internacionais de música celebrados en Europa e América do Sur, ofrece constantes actuacións en EE.UU, Rusia, Canadá e Xapón. En 1997 e 2001 cantaron nos BBC Proms de Londres, e en 1998 e 2007 no Edinburgh International Festival. En abril de 2002 deron o concerto inaugural do National Centre for Early Music de York. Na actualidade son membros asociados da Southampton University.

O grupo recibiu numerosas distincións, entre as que destacan dous premios Gramophone de música antiga, un en 1996 polo CD titulado The Works of John Dunstaple e outro en 2003 por The Call of the Phoenix. Ademais, foi un dos nominados ao holandés premio Edison e cinco dos seus CD foron candidatos para outros tantos premios Gramophone. Con máis de vinte CD editados nas discográficas Saydisc, Metronome, Deutsche Grammophon, Keda Records e Harmonia Mundi USA, nos últimos anos o grupo realizou incursións na música contemporánea, no jazz e na música étnica. En 2009, o xornal The New York Times recomendou o seu CD Scattered Rhymes.

Programa

Parte I  (40 min)

Veni sancte spiritus / Veni creatros spiritus      John Dunstaple (c. 1390- 1543)

Kryie Fragments           Terra Mann (2000)

Caput Mass: Kryie - Deus creator omnium       Anónimo inglés (c.1420-30)

Quam pulcra es           John Pyamour (¿ - 1246)

Tota pulcra es           Forest ( fl. 1415-30)

Super flumina           Gavin Bryars (2000)

Audivi vocem           Manuscrito de Egerton (c 1440)

Anna mater matris Christi         John Plummer (c. 1410- c. 1484)

Parte II  (30 min)

Summa (Creado)           Arvo Pärt (1958)

Credo            Manuscrito de Fountains Abbey ( c. 1420)

St. Andrews Responsories         Tarik O'Regan (2008)

Caput Mass: Agnus Dei          Anónimo inglés (c. 1420-30)

Ave regina celorum           Manuscrito de Ritson (c.1450)

Nesciens mater            John trouluffe (fl. 1448-73)

Stella celi             Walter Lambe (c. 1450 - 1504)

© 2012 Pórtico do Paraíso - Todos os dereitos reservados - Acceso privado
deseño e programación: ACV Galaica