O Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso naceu en febreiro de 2008 para tratar de encher un baleiro na vida musical da cidade. Foi pensado para ofrecer ao seu público a posibilidade de escoitar solistas e grupos dunha calidade moi alta ou incluso excepcional no mellor do noso patrimonio arquitectónico.
A Catedral, de cuxo Pórtico toma o nome o Festival, ten un especial protagonismo. Paralelamente, celébranse, segundo a edición, exposicións, mesas redondas, conferencias, encontros e clases maxistrais, polo que toda a cidade respira música durante os dez días que dura o evento.
Dende 2020 a Asociación Pórtico Musical asume a organización do Festival en colaboración con entidades públicas e privadas.
Organiza:
Asociación Cultural Pórtico Musical de Ourense
info@asociacionporticomusical.org
http://www.asociacionporticomusical.org
Dirección artística:
Juan Enrique Miguéns
director@porticodoparaiso.com
http://www.miguens.es
Coordinación e Xestión:
Conchi da Silva
info@porticodoparaiso.com
http://www.shellyart.com
Web:
Manuel González
webmaster@porticodoparaiso.com
http://www.porticodoparaiso.com
Dirección:
Festival de Música Pórtico do Paraíso
Apdo. 1219 – 32080 Ourense
España