Contacto
O Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso naceu en febreiro de 2008 para traer a Ourense solistas e grupos de excelente calidade, utilizando como sala de concertos lugares tan emblemáticos como a catedral de San Martiño, a igrexa de Santa María Nai, a Igrexa de Santa Eufemia, o Liceo e o Teatro Principal.
Paralelamente, celébranse mesas redondas, conferencias, encontros e clases maxistrais, polo que toda a cidade respira música durante os dez días que dura o evento. A Catedral, de cuxo Pórtico toma o nome o festival, ten un especial protagonismo pois nela ábrese ou clausúrase cada edición cun concerto de música sacra. O Concello de Ourense asume a organización do festival e patrocínao xunto a varias empresas privadas que o reforzan e apoian co seu mecenado.


Presentación 