PRESENTACIÓN
Saúdo da Concelleira

Estimado amigo,

Estimada amiga,

No mes en que comeza a primavera, o ciclo cultural da cidade acolle un dos máis importantes encontros de música culta que hai na nosa contorna xeográfica. Aflora así, o Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso.

Trátase xa da XII edición, que acadamos neste 2019, e que segue a situar a Ourense na exclusiva axenda de cidades amantes da música. Tal é así que desde o concello contamos con programacións estables durante todo o ano, propoñendo unha oferta de alta calidade nacional e internacional.

O Pórtico do Paraíso conta, ademais, co valor engadido dos espazos onde se desenvolven os concertos. Lugares como a Catedral ou a igrexa de Santa María Nai, na cidade vella de Ourense, o mosteiro de San Clodio, no corazón do Ribeiro, ou a igrexa de Santa Mariña de Augas Santas, na fermosa vila de Allariz. Toda unha aposta polo noso patrimonio que é un goce para os sentidos.

Espero que gocen deste festival, que tamén é unha forma de gozarmos un Ourense en que a cultura é protagonista.

Moitas grazas

 

Belén Iglesias Cortés

CONCELLEIRA DE CULTURA