Do 6 ao 15 de marzo de 2020
Programación
ESCOLANÍA DE SEGOVIA, coro de voces brancas (España)
Venres, 6 de marzo de 2020, ás 20:30 h
Templo da Vera Cruz (O Carballiño)
JOSÉ MANUEL ÁLVAREZ, violín (Galicia)
Domingo, 8 de marzo de 2020, ás 20:00 h
Igrexa do Santo Anxo (Ourense)
CANCELADO – KOSMOS ENSEMBLE, violín, viola e acordeón (Reino Unido)
Venres, 13 de marzo de 2020, ás 20:30 h
Igrexa de Santa María da Régoa (Monforte de Lemos, Lugo)
CANCELADO – ANDREW LAWRENCE-KING, arpa (Guernsey, Illas do Canal)
Sábado, 14 de marzo de 2020, ás 19:00 h
Igrexa de Santo Estevo de Rivas de Miño (O Saviñao, Lugo)
CANCELADO – VÍCTOR VILLADANGOS, guitarra (Arxentina)
Domingo, 15 de marzo de 2020, ás 20:00 h
Liceo de Ourense (Ourense)
Curso de guitarra
Do 11 ao 13 de marzo de 2020
Conservatorio Profesional de Música de Ourense
Desde o seu primeiro concerto en febreiro de 2008 o Festival contou co total respaldo do público, da crítica, e recentemente, da Asociación de Festivais Europeos (EFA) apoiada pola Comisión Europea e polo Parlamento Europeo coa concesión do Selo de Calidade Europeo EFFE Label 2019-2020.
Inexplicablemente todo ésto non foi tido en conta polo actual Goberno do Concello de Ourense, que retirou todo o seu apoio ao Festival, arrastrando na súa decisión á Deputación de Ourense. Esta decisión precipitouno a unha crise de financiamento sen precedentes o pasado mes de agosto da que con moito traballo e certa fortuna -sempre a contra reloxo- logramos deixar atrás.
A edición 2020 ábrese no Carballiño, no grandioso Templo da Vera Cruz, pola prestixiosa Escolanía de Segovia, que nos ofrecerá un variado recital de música sacra. As outras salas novas que se incorporan este ano sitúanse na Ribeira Sacra Lucense, en Santo Estevo de Ribas de Miño, (O Saviñao) onde recibimos a unha estrela da música antiga como Andrew Lawrence-King cun programa medieval, e Santa María dá Régoa (Monforte) onde os virtuosos Kosmos Ensemble farannos gozar dun programa moi étnico, dacabalo entre o mundo clásico e a world music.
Na cidade de Ourense escoltaremos a dous excelentes solistas, José Manuel Alvarez interpretando grandes composicións virtuosas para violín e a Victor Villadangos, quizá o intérprete vivo máis inspirado tocando música arxentina para guitarra clásica.
É un pracer e case un milagre poder presentar unha edición máis coa calidade de sempre, e que supón un punto de inflexión na nosa historia polo que significa traspasar os nosos naturais limites xeográficos, abrindo o Festival a novas posibilidades por explorar.
Este ano, máis que nunca, o noso agradecemento aos patrocinadores e colaboradores. Tamén á comprensión e apoio demostrado polos intérpretes. Mal que lles pese a uns cuantos…existimos, que non é pouco. A gozar da música!
Juan Enrique Miguéns
Presidente da Asociación Pórtico Musical e director artístico do Festival Pórtico do Paraíso
Organiza
Asociación Cultural Pórtico Musical de Ourense
http://www.asociacionporticomusical.org
Patrocinan
Deputación de Lugo
http://www.deputacionlugo.gal
Concello do Carballiño
http://www.carballino.gal
Colaboran
Concello de Monforte de Lemos
http://www.monfortedelemos.es
Eligio Rodríguez
https://www.eligiorodriguezjoyeros.es
Musical González
https://www.facebook.com/Musical-González
Xacobeo 2021
https://www.caminodesantiago.gal
Xunta de Galicia
https://www.xunta.gal
Salas
Templo de la Veracruz (O Carballiño)
http://www.carballino.gal
Igrexa do Santo Anxo (Ourense)
http://www.colegiosantoangel.net
Pazo De Los Oca Sarmiento – Liceo de Ourense (Ourense)
http://www.liceodeourense.com
Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao, Lugo)
http://www.concellodosavinao.com
Presentación
O Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso naceu en febreiro de 2008 para tratar de encher un baleiro na vida musical de Ourense. Foi pensado para ofrecer ao seu público a posibilidade de escoitar a solistas e grupos dunha calidade moi alta ou mesmo excepcional no mellor do noso patrimonio arquitectónico.
A Catedral de Ourense, de cuxo Pórtico toma o nome o Festival, ten un especial protagonismo, pois nela normalmente ábrese cada edición. Paralelamente, celébranse, segundo o ano, exposicións, mesas redondas, conferencias, encontros ou clases maxistrais polo que varios lugares de Galicia respiran música durante os dez días que dura o evento.
O 2020 supón un punto de inflexión na historia do Festival ao pasar a Asociación Pórtico Musical a asumir a organización do mesmo. Nesta edición, a Deputación de Lugo xunto ao Concello de Carballiño patrocínano. A Xunta de Galicia, o Concello de Monforte de Lemos, Eligio Rodríguez Xoieiros e Musical González refórzano coa súa colaboración.
Organiza
Asociación Cultural Pórtico Musical de Ourense
info@asociacionporticomusical.org
http://www.asociacionporticomusical.org
Dirección artística
Juan Enrique Miguéns
director@porticodoparaiso.com
http://www.miguens.es
Coordinación e xestión
Conchi da Silva
info@porticodoparaiso.com
http://www.shellyart.com
Web
Manuel González
webmaster@porticodoparaiso.com
http://www.porticodoparaiso.com
Enderezo
Festival de Música Pórtico do Paraíso
Apdo. 1219 – 32080 Ourense
España