Contacto
RAQUEL ALÂO - DANIEL OLIVEIRA
Martes 6 de marzo ás 20:30 h. Igrexa de Santa Eufemia A Real do Centro
Entrada libre
Biografía e programa

A soprano Raquel Alão e o organista Daniel Oliveira posúen un amplo e extenso percorrido na interpretación da música de cámara e da música antiga, tanto de forma individual como conxuntamente.
A experiencia levounos a ofrecer concertos nas institucións e salas máis prestixiosas de Portugal, como a Fundação Calouste Gulbenkian, o Centro Cultural de Belém ou o Teatro Nacional de São Carlos. Tamén participaron en distintos festivais dentro e fóra do seu país, entre eles o Festival de Música de Mafra, os Encontros de Música Antiga de Loulé, Festival Terras sem Sombra, Festival de Música de San Roque, Festival de Órgão do Algarve, Festival de Musique du Haut-Jura (Francia), Festival de Música Antiga e Colonial de Juiz de Fora (Brasil), Festival Internacional de Órgano de Cantabria (España) ou Seefestpiele Berlin (Alemaña).
Ambos os dous colaboran asiduamente con varias orquestras portuguesas, como a Orquestra Barroca Divino Sospiro, Orquestra Sinfónica Portuguesa, Orquestra Metropolitana de Lisboa ou Orquestra Sinfónica Juvenil, e con algúns conxuntos de música antiga, como o Banchetto Musicale Lusitania (fundado pola propia Raquel en 2004), o Affetti Consorte, o Flores de Música, a Capela Joanina ou o Concertus Antiquus.
Daniel Oliveira é actualmente organista titular da igrexa da Misericórdia, en Torres Vedras, e organista asistente na Basílica da Estrela, en Lisboa.
Para este concerto prepararon un programa con obras do Barroco portugués e italiano, titulado "Música no tempo de D.Joã:o V - Paisagens da música sacra e profana ".
Programa
Música no tempo de D. João V. Paisagens da música sacra e profana (55 min)
Toccata per elevationi Francesco Gasparini ( 1661-1727)
Sonata em lá menor para órgão Carlos Seixas (1704-1742)
Largo-menuet
Aria "Qui Tollis" Giuseppe Carcani (1703-1779)
Discurso de 1º Tom Soror da Peidade (s. XVIII)
Aria "Eia Mater" João Rodrigues Esteves (1700-1751)
Aria con variazioni Bernardo Pasquini (1637-1710)
Ay de mi, que padezco Jaume de la Té i Sagau (1684-1736)
Amor, si de tus caricias
Tocatta em ré menor Frei Jacinto de Sacramento (s. XVIII)
Allegro
Aria "Fac me vere" João Rodrigues Esteves (1700-1751)
Aria "Regina Coeli"


Presentación 