Pórtico
do Paraíso
I Festival Internacional de Música de Ourense
MANUEL
REY CONFERENCIANTE
Xoves, 21
de febreiro de 2008, 20:30 h
Ateneo de Ourense
“A música medieval en Galicia”
ENTRADA LIBRE
Manuel Rey Olleros (Cartelle, Ourense) comezou os estudos
musicais no Conservatorio de Música de Ourense e continuounos
nos Conservatorios Superiores de Vigo, Santiago, Salamanca
e Sevilla. Acadou a titulación superior de Música
nas especialidades de Musicoloxía, Composición
e Instrumentación, Pedagoxía Musical e Solfexo,
Teoría da Música, Transposición e Acompañamento
e Gaita. Simultaneamente, licenciouse en Estudos Eclesiásticos
pola Universidade Pontificia de Salamanca.
Fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago
de Compostela co profesor doutor Carlos Villanueva e realizou
a tese de investigación “O culto a Santiago na
Catedral de Ourense: follas de pergamiño nš2 e 27 e
o Breviario Auriense (ms. 10)”. Na actualidade, está
inmerso na elaboración da súa tese de doutoramento
sobre a música do Códice Calixtino.
No curso 2006-2007 acadou, mediante proba de exame, a praza
para traballar a notación e paleografía medieval
no PIMS (Roma) co doutor Daniel Saulnier, con quen traballa
actualmente na notación musical medieval en Galicia
e norte de Portugal.
Acadou os premios Rosa Sabater no XLI curso Música
en Compostela en musicoloxía e o Manuel Iglesias-2006
co traballo “A música nos cantorais do mosteiro
de San Salvador de Celanova. Cantos da misa”. É
precisamente nesta igrexa onde desenvolve o seu traballo como
organista. Os seus estudos levárono a publicar cinco
libros sobre música medieval en Galicia.