Inicio
Contacto
Presentación
Programa pdf
Saúda do Alcalde


CONCERTOS

THE ORLANDO CONSORT
RESONET
NICOLA EIMER
KATONA TWINS

CONFERENCIAS

ALEXANDRE DELGADO
MANUEL REY


 
I Festival Internacional
de Música de Ourense



Concellería de Educación
Universidade Popular



www.copasa.es

Pórtico do Paraíso
I Festival Internacional de Música de Ourense


Saúda do Alcalde de Ourense

 

Ourense é unha das capitais europeas que comparte o mérito de ter ás súas costas 2.000 anos de historia. Pertencer a este selecto club permite, entre outros privilexios, situarse no mesmo plano que cidades como Estrasburgo, París ou Londres –todas elas de orixe romana– e polo tanto saberse parte dos alicerces culturais da Unión Europea.

Son moitas as evidencias desta antigüidade que manifestan a súa presenza no noso Ourense, tales como o noso marabilloso patrimonio monumental, termal e antropolóxico.

Por esa mesma razón, a presenza dun festival de música clásica é o digno colofón para a experiencia cultural dunha capital europea, culta e cosmopolita, como é Ourense. Dende o Concello de Ourense saudamos con orgullo e agarimo esta iniciativa, á que lle auguramos unha forte influencia na sociedade ourensá e unha brillante traxectoria que acompañe cos acordes máis distinguidos a esta digna cidade.

Francisco Rodríguez Fernández
ALCALDE de OURENSE

 

 
Copyright © 2008 Pórtico do Paraiso - Festival Internacional de Música de Ourense