SERVIZO DE GARDERÍA

A organización do Festival Pórtico do Paraíso quere facilitar aos pais e nais espectadores a súa asistencia a este evento, polo que poderán deixar os seus fillos e fillas na ludoteca Novolandia INDIANA BILL, situada no número 10 da rúa Ramón Cabanillas de Ourense, teléfonos 988 242322/ 698 158386/ 698 127838.

Este espazo, adicado aos nenos dun a doce anos de idade, de forma extraordinaria pechará máis tarde do habitual, co fin de cubrir a franxa horaria dos actos do Festival durante os seguintes días de marzo:

Días 3, 4, 8, 10 e 12

Os pais interesados nesta actividade só aboarán o 50% da tarifa normal. Para isto, deberán presentar na ludoteca Novolandia INDIANA BILL un bono, previamente selado por persoal da organización no descanso do concerto ou tras a súa finalización.