do 9 ao 18 de maio de 2025
Concerto homenaxe ao Papa Francisco (1936–2025)
Qvinta Essençia
Cuarteto vocal (España)
Venres, 9 de maio de 2025 – 20:30 h
Igrexa de Santiago das Caldas (Ourense)
https://www.porticodoparaiso.com/qvinta-essencia
Cantar poesia
Voz e corda pulsada (Italia e Portugal)
Domingo, 11 de maio de 2025 – 19:00 h
Pazo de Vilamarín
https://www.porticodoparaiso.com/cantar-poesia
Música y memes
Clarinete, viola e piano (España)
Martes, 13 de maio de 2025 – 10:00 h & 12:00 h
Teatro Principal de Ourense
https://www.porticodoparaiso.com/musica-y-memes
Stephanie Jones
Guitarra (Australia)
Xoves, 15 de maio de 2025 – 20:00 h
Liceo de Ourense
https://www.porticodoparaiso.com/stephanie-jones
Spanish Brass
Quinteto de metais (España)
Domingo, 18 de mayo de 2025 – 19:00 h
Mosteiro de Santa María de Oseira (Cea)
https://www.porticodoparaiso.com/spanish-brass
Inauguramos esta décimo oitava edición -a da maioría de idade- na Igrexa de Santiago das Caldas co prestixioso cuarteto vocal valenciano Qvinta Essençia interpretando un programa dedicado a explorar a beleza e a profundidade da música sacra renacentista, a través de dous dos seus expoñentes máis ilustres, o español Victoria e o italiano Palestrina, precisamente no quinto centenario do nacemento deste último.
No primeiro concerto da provincia, imos ao Pazo de Vilamarín -novo escenario- para gozar da voz da especialista italiana Irene Brigitte acompañada na corda pulsada polo experimentado laudista portugués Pedro Martins facendo poemas musicados ao longo do século XVI nas cortes italianas e portuguesas.
Tras o éxito da pasada edición, e esta vez en formato de concertos didácticos, volvemos contar no Teatro Principal cos galegos Antón Seijas (clarinete), Diego Segade (viola) e Andrea Vilar (piano) e a súa proposta Música e Memes, un orixinal concerto no que a través do trío K. 498 de Mozart propóñense explicacións sobre o sentido da música en forma de memes da internet. Ademais, cunha plataforma en tempo real e a través de smartphones, a audiencia participará e tomará decisións activas sobre o que sucederá no escenario.
A premiada guitarrista australiana Stephanie Jones, que desenvolve cada ano unha incesante actividade concertística en Centroeuropa, Asia e USA ofreceranos nada menos que o seu primeiro concerto en España no Liceo de Ourense cun programa moi atractivo e evocador.
E chegamos ao concerto de clausura con Spanish Brass, o mítico quinteto de metais valenciano de enorme prestixio internacional, que volve ao Festival nove anos despois, propoñéndonos o programa que conmemora o trixésimo quinto aniversario do grupo, integrado por algunhas das obras máis significativas interpretadas na súa carreira, no refectorio do formidable mosteiro de Oseira.
E ademais, a esta edición quixémoslle dar un forte enfoque pedagóxico, realizando cinco cursos intensivos -trompeta, trompa, trombón, tuba e guitarra- cos músicos convidados ao Festival no Conservatorio Profesional de Ourense.
A maioría de idade do Pórtico do Paraíso xa está aquí…suxestiva, fascinante… e obviamente ecléctica. Non existe algo nin tan sequera parecido en toda Galicia. A gozala!
Juan Enrique Miguéns
Director artístico do Festival Pórtico do Paraíso
Chega o festival Pórtico do Paraíso á súa décimo oitava edición e faino gozando de plena saúde, alcanzando a súa maioría de idade sen deixar de medrar en contidos, en espazos e en oferta musical como garante de cumplimento dos obxectivos marcados cando vía a luz por primeira vez este proxecto cultural.
O seu carácter internacional queda expresado coa presenza de músicos de Italia, Portugal, Australia e España, onde tamén está presente Galicia co evento Música y Memes. E a súa vocación divulgadora mantense en plena forma cos cursos de interpretación que ofrece o seu variado programa.
Música e intérpretes de primeiro nivel en lugares excepcionais como son a Igrexa de Santiago de As Caldas, o Pazo de Vilamarín, o Conservatorio de Música, o Liceo ou o maxestuoso Mosteiro de Santa María de Oseira. En definitiva, música e patrimonio danse a man para medrar xuntos e para amosar canto de bo ten o noso Ourense, este Ourense perdurable ao que se refería Vicente Risco.
Ourense foi sempre lugar onde a cultura tivo e ten unha presenza especial na vida desta provincia, unha cultura que nos engrandece como persoas, que contribúe a conformar unha personalidade rica e plural, crítica e solidaria á vez.
Este programa é un programa que responde a eses criterios, aberto á participación da cidadanía, pensado para as persoas, que son o noso obxectivo final. A Deputación de Ourense, institución que me honro en representar, ofrece este festival dende un compromiso coa calidade e co desexo de contribuir a facer da nosa provincia cada día un lugar mellor.
Luis Menor
Presidente da Deputación de Ourense
Organiza
Asociación Cultural Pórtico Musical de Ourense
info@asociacionporticomusical.org
http://www.asociacionporticomusical.org
Dirección artística
Juan Enrique Miguéns
director@porticodoparaiso.com
http://www.miguens.es
Coordinación e xestión
Conchi da Silva
info@porticodoparaiso.com
http://www.shellyart.com
Web
Manuel González
webmaster@porticodoparaiso.com
http://www.porticodoparaiso.com
Enderezo
Festival de Música Pórtico do Paraíso
Apdo. 1219 – 32080 Ourense
España

