Profile GAL
XIX FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA PÓRTICO DO PARAÍSO

do 8 ao 17 de maio de 2026

CONCERTOS
VANDALIA, cuarteto vocal
Venres 8 de maio de 2026, 20:30h, Igrexa de Santiago das Caldas
Entrada libre

Marivi Blasco e Alex Pernas, voz e guitarra barroca
Domingo 10 de maio de 2026, 19:00h, Pazo de Vilamarín
Entradas: https://www.eventbrite.es/e/1985823328031

Álex Alguacil, piano
Xoves 14 de maio de 2026, 20:00h, Liceo de Ourense
Entradas: https://www.eventbrite.es/e/1984507004873

CUARTETO SEIKILOS, cuarteto de corda
Domingo 17 de maio de 2026, 19:00h, Mosteiro de Oseira
Entradas: https://www.eventbrite.es/e/1985826815462

ACTIVIDADES PARALELAS
Conferencia o martes 12 de maio de 2026 do arpista Manuel Vilas “Travelling para un arpa” en colaboración có Cine Clube Padre Feijoo, na Casa da Cultura, Rúa Concello 11, de Ourense.
Entrada libre

Curso de interpretación no Conservatorio de Ourense a cargo de Alex Alguacil en colaboración có Conservatorio Profesional de música de Ourense.
Mércores 13 e venres 15 de maio de 2026.

Ourense volverá a converterse na capital da música culta coa celebración da XIX edición do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, un referente da actividade cultural na nosa provincia. Un Festival que se converteu na simbiose perfecta entre a posta en valor de referentes patrimoniais ourensáns e oferta musical de calidade.

Chega, unha vez máis, co apoio desta Deputación de Ourense, principal patrocinadora deste evento, que apostou por el desde o seu comezo conscientes da importancia que ten a oferta cultural na dinamización social e económica dos nosos territorios.

Nesta edición, serán cinco os artistas e grupos os encargados de poñerlle banda sonora a este espectáculo musical que fará as delicias de todos os que teñan a fortuna de desfrutar nalgún dos cinco espazos previstos que chegan a tres concellos diferentes da provincia.

Quero aproveitar a ocasión para felicitar a Asociación Cultural Pórtico Musical, a todos os implicados na organización deste evento, e aos patrocinadores públicos e privados, por contribuír a que Ourense sega ser un faro cultural para moitas outras provincias.

O Festival Pórtico do Paraíso ofrecerá o seu concerto número 100 o que da boa conta da longa, comprometida e excelente traxectoria que atesoura este proxecto cultural que xa é patrimonio de todos os ourensáns.

Longa vida a este Festival que nos fai sentir orgullosos do noso.

Luis Menor
Presidente da Deputación de Ourense

____

Inauguramos esta nova edición na igrexa de Santiago das Caldas co prestixioso cuarteto vocal andaluz VANDALIA, interpretando un programa con obras de dous grandes polifonistas españois do século XVI, Guerrero e Bermúdez, que mostraron unha asombrosa capacidade para adaptar textos relixiosos a cancións inicialmente concibidas como profanas, dotándoas dunha frescura que non tiñan outros compositores da época.

No primeiro concerto da provincia, imos ao Pazo de Vilamarín para gozar dunha das grandes voces da música antiga da Península Ibérica, Mariví Blasco, acompañada na guitarra barroca por Álex Pernas, facendo un programa titulado “Entre el juego y el amor” que nos transporta á España do século de Ouro onde a música reflectía as paixóns humanas e o enxeño poético do momento.

No ecuador do festival ofertamos unha orixinal conferencia titulada “Travelling para unha arpa”, onde o arpista Manuel Vilas abordará a presenza da arpa no cine clásico, unha actividade coorganizada conxuntamente co Cineclube Padre Feijoo.

O pianista Alex Alguacil, posuidor dunha gran traxectoria internacional e eloxiado pola crítica e a prensa especializadas, actuará no Liceo de Ourense cun programa con obras de Listz e Granados. Este intérprete ofrecerá tamén un curso de interpretación no Conservatorio Profesional de Música de Ourense o día anterior e o posterior ao seu concerto.

E chegamos ao concerto de clausura, novamente no impoñente mosteiro de Oseira, no que o Cuarteto Seikilos, un dos máis atractivos cuartetos de corda españois, propoñeranos un marabilloso programa con tres das máis grandes obras compostas para esta formación por tres compositores excepcionais: Turina, Ravel e Schubert.

En resumo, fieis ao noso eclecticismo, temos un festival cunha primeira fin de semana con música antiga para voz do renacemento e barroco españois, e un segundo con música instrumental do romanticismo e nacionalismo, empregando como salas algunhas das marabillosas xoias do noso patrimonio arquitectónico. A oportunidade de gozalo está aí, non a deixes pasar!

Juan Enrique Miguéns, director artístico

Organiza

Asociación Cultural Pórtico Musical de Ourense
info@asociacionporticomusical.org
http://www.asociacionporticomusical.org

Dirección artística

Juan Enrique Miguéns
director@porticodoparaiso.com
http://www.miguens.es

Coordinación e xestión

Conchi da Silva
info@porticodoparaiso.com
http://www.shellyart.com

Web

Manuel González
webmaster@porticodoparaiso.com
http://www.porticodoparaiso.com

Enderezo

Festival de Música Pórtico do Paraíso

Apdo. 1219 – 32080 Ourense

España