Ingenium Ensemble é un grupo vocal mixto de seis cantantes, deles catro son irmáns. O grupo formouse no outono de 2009 en Liubliana (Eslovenia) e, desde ese momento, deron concertos en numerosos lugares do país e do resto de Europa.
En 2012, participaron no festival Europa Cantat de Turín (Italia) xunto ao grupo VOCES8 e, un ano despois, co seu director artístico Barnaby Smith. En 2013 tamén traballaron con Stephen Connoly e Emma Kirkby e co conxunto vocal alemán Singer Pur. En abril dese mesmo ano, Ingenium Ensemble participou no Concurso Internacional de Corais de Bad Ischl en Austria, onde obtiveron o primeiro premio tanto na categoría de música sacra como na de programa libre.
En maio de 2014, recibiron o premio do público e o premio especial do xurado como mellor grupo a cappella e mellor canción en acústico no Concurso Internacional A Cappella de Leipzig (Alemaña), dirixido polo grupo Amarcord. En agosto gañaron o Concurso Polifónico de Arezzo (Italia) na categoría de grupo vocal e na de Renacemento. En novembro, tamén de 2014, foron primeiro premio no Concurso Internacional de Corais de Tolosa (España) en varias categorías: música sacra, música profana e premio do público.